Cultura e Turismo


No relativo ás actividades turísticas, o Concello participa en feiras e exposicións turísticas para dar a coñecer a comarca, así como a preparación de visitas, viaxes e excursións dos veciños de Tordoia.

O Concello dispón de varias áreas recreativas de acceso libre, integradas co entorno rural, que contan con instalacións deportivas e lúdicas (merenderios, barbacoas, parques boisaludables):

  • Área recreativa da Folgueira (parroquia de Anxeriz)
  • Área recreativa da Rega (parroquia de Cabaleiros)
  • Área Recreativa de Mordón (parroquia de Bardaos)
  • Área recreativa do empalme Anxeriz (parroquia de Anxeriz)
  • Área de Pedralonga (parroquia de Cabaleiros)

Pode consultar toda a información dispoñible das áreas, as instalacións coas que contan e como chegar na seguinte ligazón:

ÍR Á LIGAZÓN Información sobre áreas recreativas

A programación das actividades culturais levadas a cabo polo Concello vertébrase na celebración das tradicións culturais (Nadal, Entroido, Letras Galegas, Magosto) e tradicións gastronómicas (Festa do Rixón), así como a colaboración coas diversas iniciativas levadas a cabo polas asociacións do municipio, como a “Xornada gastronómica do grelo de Anxeriz” e a “Romaría galega da Pontraga”.

O Concello conta coas seguintes instalacións culturais:

  • Casa da cultura: Edificio municipal que concenta a maior parte das instalacións culturais do Concello. Conta coa biblioteca municipal, aula de informática, salón de actos multidisciplinar e salas de reunións.
  • Centros socioculturais en todas as parroquias
  • Áreas infantís: Parque infantil da Eirexe (parroquia de Bardaos), parque infantil do Pazo (parroquia de Anxeriz) e parque infantil do CPI Pecalama

En colaboración con outras administración (Deputación, Mancomunidade, Xunta), o Concello xestiona actuacións musicais, artísticas, teatrais que se levan a cabo nas distintas parroquias municipais.

No campo editorial, dende o departamento de cultura colabórase na edición, publicación ou presentación obras relacionadas co Concello ou creadas por veciños e veciñas.

Dentro deste punto, destaca a publicación anual do Calendario Municipal, froito da colaboración dos veciños e veciñas que aportan parte do seu arquivo fotográfico.

INFORMACIÓN DE CONTACTO Actividades Culturais e turísticas

1º andar da Casa do Concello

9.00h-14.30h

isabel.mosquera@tordoia.gal

981 690 001 Persoa de contacto: Isabel Mosquera