Participación Veciñal


Para a promoción da participación veciñal, dende o Concello axúdase e asesórase ás asociacións de calquera tipo (ANPAS, Asociacións de veciños, culturais, deportivas, xuvenís) en temas relacionados coa tramitación de subvencións, creación de novas asocacións, modificación de datos nos rexistro de asociacións, etc.

Xestiónase tamén dende este departamento o rexistro municipal de asociacións, mantendo o contacto periódico con estas entidades, informando de convocatorias ás que acollerse e doutros trámites de interese.

O Concello ten un compromiso coa participación veciñal, un compromiso que achega á veciñanza a proposta de colaboración e participación activa na mellora continua, tanto na xestión municipal como nas políticas sociais, e por suposto, no desenvolvemento dos servizos muncipais.

Todos os veciños e veciñas poden participar de xeito directo na mellora da eficiencia e eficacia dos servizos xestionados pola Administración, realizando unha avaliación de calquera dos servizos municipais de xeito anónimo, a través do cuestionario dispoñible no portal de transparencia na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Avalación dos servizos municipais

Ademáis, pode realizar calquera recomendación, suxestión, comunicación de incidencias ou consulta, a través do buzón de suxestións municipal na seguinte ligazón:

IR Á LÍGAZÓN Buzón de suxestións

1º andar da Casa do Concello

9.00h-14.30h

elena.vilarino@ordes.gal

981-690001 Persoa de contacto: Elena Vilarino[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]