Medio Ambiente, Medio Rural e Patrimonio


Dende este departamento lévanse a cabo as seguintes funcións:

  • Información xeral aos veciños e veciñas sobre o mantemento, conservación e xestión relacionados co patrimonio público e privado.
  • Inventario e arquivo municipal
  • Promoción de programas para a conservación e mellora do medio ambiente.

Lévase a cabo unha xestión integral das parroquias que conforman o Concello de Tordoia, enfocado á conservación do medio ambiente e á prevención de incendios.

Xestiónanse o mantemento da limpeza e ornato das fincas privadas, na medida que supoñen a prevención de incendios e a protección e conservación do patrimonio e o medio rural.

Realízanse o control e supervisión das actividades empresariais de saca de madeira e outras actividades forestais, regulada pola ordenanza sobre corta, plantacións e repoboacións forestais no concello, que foi motivada polo importante crecemento nas plantacións forestais de tódalas especies, e co fin de protexer os camiños, vivendas e núcleos rurais e urbanos do Concello del Tordoia, a paisaxe e o medio ambiente.

O Concello encárgase de vixiar o estrito cumprimento da Lei 7/2012 do 28 de xuño de montes de Galicia, especialmente no tocante ao cumprimento das distancias ás plantacións agrícolas e forestais.

Lévase a cabo a xestión das ordenanzas municipais e supramuncipais relacionadas coa tenza de animais de compañía, seguindo a norma municipal marcada por la ordenanza reguladora da licencia pola tenencia de animais potencialmente perigosos, do seu rexistro, da sección local do rexistro de animais de compañía e das taxas pola prestación de tales servizos.

INFORMACIÓN DE CONTACTO Saca de madeiras e limpezas de fincas

1º andar da Casa do Concello

9.00h-14.30h

correo@tordoia.gal

981-690001 Persoa de contacto: Alfonso García

INFORMACIÓN DE CONTACTO Policía Local

1º andar da Casa do Concello

9.00h-14.30h

alberto.cancela@tordoia.gal

649 827127 (Alberto)/619 413024 (Jesús)